Presentación profesional de Rubén Varela Piñeiro
Son Rubén Varela Piñeiro, unha desas persoas que dende pequeno se preocupa polo que ocorre ao seu arredor, e que co paso dos anos acaba facendo unha
carreira universitaria relacionada co ámbito, no meu caso dúas,... Educación Social na Universidade de Vigo e logo Psicopedagoxía na USC.
A miña traxectoria profesional comezou como informador xuvenil, para pasar despois unha tempada no departamento de orientación da Universidade de Vigo elaborando unha publicación relacionada coas saídas profesionais das titulacións desa universidade.
Logo de traballar como educador nun centro de menores, pasei varios anos nunha consultora especializada no terceiro sector (Asociacións, Fundacións, ONGs,...) antes de dar o paso definitivo ao mundo da orientación laboral, inda que xa levaba uns anos compaxinando este traballo co de profesor de FOL nun centro privado de FP. Foi entón, no 2008 cando me incorporei como Psicopedagogo ao Concello de Ourense, traballando de Orientador laboral en varios proxectos financiados polo FSE.
No ano 2013, puxen en marcha Atelier SOCIAL, unha empresa que traballa con administracións públicas e entidades no deseño e execución de proxectos nos ámbitos social, educativo, infancia, saúde, igualdade, emprego,... e que ademais de facer cousas moi interesantes, me permite deixar tempo para adicarlle a miña familia.
A modo de resumo déixovos unha nube cos meus intereses profesionais, e se che parece interesante a miña experiencia podes seguírme en Twitter

Comentarios
Publicar un comentario