Reflexión sobre o meu PLE
Definir a miña contorna profesional de aprendizaxe, non foi unha tarefa sinxela,... A verdade é que me consideraba unha persoa informada, ordenada e mesmo metódica a hora de buscar e depurar información,coqueteando día a día coa infoxicación, pero con esta tarefa, descubrín que esta infoxicación sempre pode ir moito mais alá. Con este traballo puiden darme conta que debo ampliar o meu PLE, e sobre todo que debería revisalo e actualizalo cada día. O primeiro que fixen, foi afondar no significado do PLE, que era un concepto totalmente descoñecido ata o momento, e para eso coma sempre, youtube é de moita utilidade: O meu FEEDLY Feedly a 19 de outubro de 2017 Esta é sen dúbida unha ferramenta moi interesante para clasificar e depurar as fontes de información que neste momento son de mais utilidade no meu ambito probesional: (Orientación laboral, Administración Local, Terceiro sector,...) pero que requiere dun considerable esforzo inicial para decidir de entr...