RESUME XERAL DO MÓDULO 1: Rubén Varela Piñeiro

RESUME XERAL DO MÓDULO 1:  Rubén Varela Piñeiro

MARCO CONCEPTUAL DA ORIENTACIÓN LABORAL 

 Orientación Laboral


 
Esta nova entrada trata de enmarcar o noso traballo de Orientación Laboral.




Tema 1: Marco de referencia da orientación laboral aberta

Fundamental entón será coñecer o Sistema Nacional de Emprego, integrado polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) e os Servizos Públicos de Emprego das Comunidades Autónomas (no caso de Galicia, o SPEG). 

O servizo estatal é o que se encarga de xestionar as Políticas Pasivas de Emprego (protección por desemprego), mentres que galego xestiona Políticas Activas de Emprego (orientación laboral, formación e promoción do emprego). 

Por outra banda analizouse o marco institucional actual da política de emprego tanto estatal, facendo fincapé no Plan Anual de Política de Emprego (PAPE), a Estratexia de Activavión para o Emprego e o Plan Anual de Reformas de España 2017, como europea  nomeando a Estratexia Europea de Emprego 2020 e os ámbitos de desenvolvemento das políticas activas de emprego. 

Neste sentido, o SPEG contempla a necesidade dunha Orientación Laboral Aberta, que combine accións presenciais e online, para achegar o servizo a máis usuarios, xa que se busca aumentar as persoas atendidas en orientación, potenciar a atención ás empresas e afondar na formación continua do persoal técnico.

TEMA 2: O Mercado Laboral.


Os contidos traballados neste tema sitúanos diante de cuestións que fan referencia ao Mercado de Traballo como concepto e tamén como realidade palpable e cambiante, así como dos elementos que o compoñen, os indicadores empregados para o seu análise, e tamén o Desemprego (xa sexa Estrutural, Friccional, Cíclico ou Estacional).

Fernando convenceunos de que o desemprego é froito dos desequilibrios ou desaxustes no mercado, e que para facerlle un seguimento axeitado existen uns instrumentos ou ferramentas (Observatorios) e indicadores (EPA ou Datos do Paro Rexistrado).

Tamén nos aportou información sobre o traballo por conta propia e por conta allea  e  sobre as axudas e subvencións á creación de emprego, ademais de aclararnos que a Oferta de traballo é a que fan as persoas que queren ou poden traballar e que pola contra, a Demanda é a que presentan as empresas, que necesitan persoas que fagan un determinado traballo.

Dacordo coa EPA: Enquisa de Poboación Activa, distinguimos persoas Activas: (ocupadas + paradas) e Inactivas (as non incluídas nas categorías anteriores)

A súa vez, as Ocupadas son as que traballan (por conta propia ou por conta allea; na empresa pública ou na privada; a tempo completo ou a tempo parcial ) e Paradas as que non traballan, pero están dispoñibles para facelo e, ca normativa actual, buscando activamente emprego.

TEMA 3: Certificación e Formación Profesional


Neste tema, achegámonos o apasionante mundo dos Certificados de Profesionalidade e a súa relación cos distintos subsistemas da Formación Profesional: o da F.P. Regrada/Inicial (Académica) e o da F.P. para o Emprego (Ocupacional).

Tal como se explica na seguinte imaxe,... os Certificados de Profesionalidade permiten establecer unha correlación entre as competencias adquiridas, ben pola Vía Formativa, ben pola Vía do Recoñecemento de Competencias a través da Experiencia Profesional.

Vías para a obtención das cualificacións profesionais

Eu, persoalmente, creo que esta cuestión xa tiña bastante clara, pero en calquera caso a explicación penso que foi o suficientemente ilustrativa para que a partír de agora poidamos diferenciar correctamente entre formación impartida pola administración educativa (que expide títulos) e a que oferta a administración laboral (que expide certificacións).


Como vemos, todo esto baséado nas Cualificacións Profesionais, que son o "conxunto de competencias profesionais con significación no traballo e que poden ser adquiridas por formación ou por experiencia laboral"; nas Competencias Laborais quese defínen como “o conxunto de coñecementos e capacidades que permiten o exercicio da actividade profesional conforme ás esixencias da produción e da ocupación”.

Polo tanto a Cualificación Profesional podemos definila como un estándar oficial, que contén as competencias requiridas para levar a cabo actividades no contexto dunha profesión ou posto de traballo. 

As Unidades de Competencia pola súa parte, constitúen a unidade mínima de acreditación, susceptible de recoñecemento e acreditación parcial. A Unidade de Competencia é un conxunto de Realizacións Profesionais (que describen o que se fai, as tarefas/funcións) que teñen valor e significado na ocupación (que teñen que ser identificables e recoñecidas no mundo laboral).

TEMA 4: Política social e de emprego na Unión Europea



Neste tema, en relación libre circulación de persoas dentro da UE, coñecemos  unhas ferramentas moi útiles para a busca de emprego:
  • Rede EURES: Proporciona información/asesoramento e pon en contacto a traballadores e empresarios (é dicir, para traballar no sector privado). Tamén informa das condicións de vida e de traballo nos países da UE. 
  • EPSO: para traballar ou facer prácticas en organismos e institucións da UE. .
  • EURAXESS: a rede para traballar na investigación. 
  • EUROPASS: Axúdanos a facernos máis visibles diante dos seleccionadores en calquera país da UE xa que permite recoller as competencias profesionais dun xeito transferible aos diferentes países da U.E. 
  • EURYDICE Portal Europeo de Información sobre Educación, nel podemos obter información sobre estudos, tanto formais como informais

Todo esto co apoio de ferramentas como o CV Europass ou o Pasaporte de Linguas Europass ademais do Documento de Mobilidade Europass e dos Suplementos Europass ao TÍTULO, ou ao TÍTULO SUPERIOR  

TEMA 5: A iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral 



No noso día a día como profesionais dun servizo de Orientación Laboral o asesoramento cara o autoemprego debería basearse no seguintes obxectivos:

- Transmitir o valor do emprendemento como forma de acceso ao mercado laboral
- Canalizar o talento das persoas cara o emprendemento e o emprendemento social
- Satisfacer as expectativas da persoa emprendedora ao pedir que lle orienten no proceso de crear a súa empresa; 
- Propiciar que se materialicen proxectos viables e sostibles que contribúan á creación de riqueza, de postos de traballo e ao benestar social.

O orientador laboral debe ser moi respectuoso coa persoa emprendedora, e coa súa idea de negocio, sobre a que debemos gardar total confidencialidade e discreción. Primeiro trataremos de escoitar e despois orientar e opinar obxectivamente para que sexa a persoa emprendedora quen tome as decisións, debemos facilitar o acceso as fontes de información e recomendar actividades formativas se fose necesario.

Por último e para analizar a viabilidade dunha idea empresarial explicóusenos neste tema a ferramenta CANVAS, que podemos facilitar a quen estea interesado en emprender; pero facilitar significa acompañarlle na análise da viabilidade do seu proxecto, non facerllo nós.



Para rematar deixovos este vídeo no que se describe o modelo de negocio de UBER seguindo a estructura do modelo CANVAS

 

PARA SABER MÁIS:

Comentarios

Entradas populares de este blog

Presentación profesional de Rubén Varela Piñeiro

Resumen Módulo 1 por Mª Mercedes Otero

Presentación profesional de Merce Otero