Reflexión sobre o meu PLE

Definir a miña contorna profesional de aprendizaxe, non foi unha tarefa sinxela,...


A verdade é que me consideraba unha persoa informada, ordenada e mesmo metódica a hora de buscar e depurar información,coqueteando día a día coa infoxicación, pero con esta tarefa, descubrín que esta infoxicación sempre pode ir moito mais alá. Con este traballo puiden darme conta que debo ampliar o meu PLE, e sobre todo que debería revisalo e actualizalo cada día.

O primeiro que fixen, foi afondar no significado do PLE, que  era un concepto totalmente descoñecido ata o momento, e para eso coma sempre, youtube é de moita utilidade:




O meu FEEDLY
Feedly a 19 de outubro de 2017


Esta é sen dúbida unha ferramenta moi interesante para clasificar e depurar as fontes de información que neste momento son de mais utilidade no meu ambito probesional: (Orientación laboral, Administración Local, Terceiro sector,...)  pero que requiere dun considerable esforzo inicial para decidir de entre todo o infinito mundo de internet, aquelas webs que nos aporten máis valor a nosa actividade.

Como primeria toma de contacto creo que non está mal, pero que debería seguir depurando esta selección, que tanto traballo me deu.

Agora mesmo teño agregadas páxinas de concellos e deputacións nun apartado que denomino "Administración local", e logo páxinas de emprego e RRHH, noutro que din en chamar "Emprego", ademais tiña outro apartado adicado ao "Terceiro Sector" con información de xestión de entidades sen ánimo de lucro, voluntariado, ongs,... pero que decidín eliminar porque nestes momento incluía demasiada información.

En resumen, considero que esta é unha ferramenta moi interesante, pero que require de certa dedicación, especialmente a hora de establecer algúns tipos de filtros, posto que a cantidade de información que xenera é abrumadora 

O meu  SCOOP.IT



Con esta nova ferramenta debo recoñecer que non tiven moit feeling dende o principio, e polo tanto adiqueille moito menos tempo, a esto teríamos que sumarlle as miñas limitacións co inglés, e que sobre todo, non me pareceu unha ferramenta intuitiva, que é algo que eu valoro moito nas aplicacións informáticas.


Logo de crear un topic xeral pensando en Orientación Laboral, tratei de buscar suxerencias por medio de palabras chave, pero as respostas parecéronme demasiado aleatorias,... unha mistura de artigos con certo interés con cousas que pouco ou nada tiñan que ver co tema, polo tanto non é unha ferramenta que me convenza.

En todo caso debo confesar que estiven vendo algún vídeo tutorial coma este para afondar algo mais, posto que quero darlle unha nova oportunidade, sobre todo porque si que lle atopei unha utilidade moi destacable,... a posibiliade de poder compartir nas redes socias os artigos de mais interés de forma automática.



RESUMINDO,...

O simple exercicio de reflexionar sobre a miña contorma persoal de aprendizaxe mereceu moito a pena, creo que a partir de agora Feedly contribuirá a carpeta de "fuentes RSS" do Outlook na aportación de información diaria, eso si,... previo traballo importante de mellorar os filtros establecidos.


Se queredes saber algo mais sobre estas ferramentas ou sobre PLE podedes ver estes vídeos:





Comentarios

Entradas populares de este blog

Presentación profesional de Rubén Varela Piñeiro

Resumen Módulo 1 por Mª Mercedes Otero

Presentación profesional de Merce Otero