Resumen Módulo 1 por Mª Mercedes Otero

MÓDULO 1: MARCO CONCEPTUAL DA ORIENTACIÓN LABORAL

TEMA 1: MARCO DE REFERENCIA DA ORIENTACIÓN LABORAL ABERTA, NOVO PARADIGMA PARA GALICIA

1. Sistema Nacional de Emprego

Sistema Nacional de Emprego = SEPE + SPE das Comunidades Autónomas
SEPE Competecias: Lexislación laboral e Políticas Pasivas de Emprego.
O Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) Competencias: Execución da lexislación       laboral e Políticas Activas de Emprego.

2. Políticas de Emprego

A política de emprego é o conxunto de actuacións que toman os poderes públicos co obxectivo de alcanzar o pleno emprego ou corrixir os principais desequilibrios do mercado de traballo.
Políticas Activas de Emprego: conxunto de programas e medidas de orientación, emprego e formación.
Políticas Pasivas de Emprego: obxectivo principal a protección por desemprego. 

2.1. Estratexia Europea de Emprego 2020

A Estratexia Europea de Emprego (EEE)  constitúe un programa anual de planificación, seguimento, exame e axuste das políticas dos Estados membros. 

TEMA 2: O MERCADO LABORAL


1. Mercado Laboral

O mercado de traballo é o ámbito no que empresas e traballadores negocian a cantidade de traballo a intercambiar e a que prezo (salario). A evolución é o resultado de 2 variables: a Oferta e Demanda.

1.2. Compoñentes do mercado de traballo

A oferta de traballo (OT) é a cantidade de traballo por unidade de tempo que os traballadores están dispostos a levar ao mercado e vender para cada salario. 
OT = poboación activa = ocupados + parados

A demanda de traballo (DT) é a cantidade de traballo por unidade de tempo que as empresas están dispostas a contratar para cada salario. DT = Empresas + AA.PP. + outros.

O punto de equilibrio no mercado de traballo, aquel onde se cortan a oferta e a demanda.

2. Indicadores do mercado laboral

Poboación activa: persoas en idade de traballar (entre 16 e 65 anos) que desexan facelo e están dispoñibles para incorporarse á produción.

Poboación ocupada: persoas activas que encontraron emprego por conta allea ou propia.

Poboación parada ou desocupada: persoas activas que non atopan emprego.

3. Desemprego. Tipos

Paro: as persoas en idade de traballar que poden facelo e que durante un periodo están procurando un emprego activamente. 

Cuantificación do paro: a través da EPA e no paro rexistrado nas oficinas do INEM.

Clases de paroEstructural, Friccional, Cíclico e Estacional

A evolución da economía supuxo a aparición de novas ocupacións, entre as que caben destacar as asociadas aos sectores das Tecnoloxías da información e as Comunicacións e do Medio Ambiente.
A CNO-11 é un sistema de codificación. É de uso obrigatorio.


TEMA 3: CERTIFICACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL

1. Cualificación fronte a competencia

Cualificación profesional: conxunto de competencias profesionais, con significación para o emprego que poden ser adquiridas mediante formación modular ou outros tipos de formación e a través da experiencia laboral. Agrúpanse en 26 familias e 5 niveis.

Competencia profesional: conxunto de coñecementos e capacidades que permitan o exercicio da actividade profesional conforme as esixencias da produción e o emprego.

O Catálogo Nacional de Competencias Profesionais (CNCP), incorpora tanto as competencias técnicas como tamén as competencias clave.

As competencias clave  permiten aos individuos adaptarse a unha contorna laboral cambiante.
UNIDADES DE COMPETENCIA  ↔ FORMACIÓN ASOCIADA
Unidad de competencia 1                 ↔  Módulo formativo 1
Unidad de competencia 2                 ↔  Módulo formativo 2
Unidad de competencia N                ↔  Módulo formativo N   
                                                  
Cada cualificación organízase en unidades de competencia. 

A unidade de competencia agregado mínimo de competencias profesionais, susceptibles de recoñecemento e acreditación parcial. Cada unidade de competencia leva asociado un módulo formativo.

Módulo formativo: describe a formación necesaria para adquirir a unidade de competencia á que vai asociado.

2. O Sistema Nacional de Cualificacións

Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional (SNCFP): conxunto de instrumentos e accións necesarios para promover e desenvolver a integración das ofertas da formación profesional, a través do CNCP. 

O Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais (CNCP) é o instrumento do SNCFP que ordena as cualificacións profesionais susceptibles de recoñecemento e acreditación, identificadas no sistema produtivo en función das competencias apropiadas para o exercicio profesional.

As cualificacións profesionais, organízanse en: 26 familias profesionais e 5 niveis de cualificación.
26 Familias profesionais atendendo a criterios de afinidade da competencia profesional das ocupacións e postos de traballo detectados.
 5 Niveis de cualificación, de acordo ao grao de coñecemento, iniciativa, autonomía e responsabilidade preciso para realizar a devandita actividade laboral.

Familias Profesionales
Niveles de Cualificación
·        Agraria
·        Marítimo-Pesquera
·        Industrias Alimentarias
·        Química
·        Imagen Personal
·        Sanidad
·        Seguridad y Medio Ambiente
·        Fabricación Mecánica
·        Electricidad y Electrónica
·        Energía y Agua
·        Instalación y Mantenimiento
·        Industrias Extractivas
·        Transporte y Mantenimiento de Vehículos
·        Edificación y Obra Civil
·        Vidrio y Cerámica
·        Madera, Mueble y Corcho
·        Textil, Confección y Piel
·        Artes Gráficas
·        Imagen y Sonido
·        Informática y Comunicaciones
·        Administración y Gestión
·        Comercio y Marketing
·        Servicios Socioculturales y a la Comunidad
·        Hostelería y Turismo
·        Actividades Físicas y Deportivas
·        Artes y Artesanías
Nivel 1
Competencia en un conjunto reducido de actividades simples, dentro de procesos normalizados.
Conocimientos y capacidades limitados.
Nivel 2
Competencia en actividades determinadas que pueden ejecutarse con autonomía.
Capacidad de utilizar instrumentos y técnicas propias. 
Conocimientos de fundamentos técnicos y científicos de la actividad del proceso.
Nivel 3
Competencia en actividades que requieren dominio de técnicas y se ejecutan con autonomía.
Responsabilidad de supervisión de trabajo técnico y especializado.
Comprensión de los fundamentos técnicos y científicos de las actividades y del proceso.
Nivel 4
Competencia en un amplio conjunto de actividades complejas.
Diversidad de contextos con variables técnicas científicas, económicas u organizativas.
Responsabilidad de supervisión de trabajo y asignación de recursos.
Capacidad de innovación para planificar acciones, desarrollar proyectos, procesos, productos o servicios.
Nivel 5
Competencia en un amplio conjunto de actividades muy complejas ejecutadas con gran autonomía. 
Diversidad de contextos que resultan, a menudo, impredecibles. 
Planificación de acciones y diseño de productos, procesos o servicios.
Responsabilidad en dirección y gestión.
 


O Instituto Nacional de Cualificacións (INCUAL) é o responsable de definir, elaborar e manter actualizado o CNCP e o correspondente Catálogo Modular da Formación Profesional.

O Marco Europeo das Cualificacións (EQF) é un marco común de referencia que relaciona entre sí os sistemas de cualificacións dos países.

O Instituto Galego das Cualificacións contará cun observatorio cunha base de datos, que promoverá de forma activa a cooperación do resto dos observatorios territoriais e dos sectores produtivos que poidan existir. 

3. Acreditación de competencias

A acreditación de competencia profesional permitan o recoñecemento da competencia profesional adquirida a través da experiencia laboral ou doutras vías non formais de adquisición.

4. Certificados de Profesionalidade

Os certificados de profesionalidade son o instrumento de acreditación oficial das cualificacións profesionais do CNCP no ámbito da administración laboral.
Permitirá certificar as competencias profesionais dos traballadores adquiridas desde:
A Experiencia Profesional
Formación Profesional para o Emprego
Formación Profesional Inicial.

TEMA 4: A POLÍTICA SOCIAL E DE EMPREGO NA UNIÓN EUROPEA (UE)

1. A Política Social e de Emprego na UE

A UE:
Coordina e supervisa as políticas nacionais
Impulsa o intercambio de boas prácticas en materia de emprego, pensións, pobreza e exclusión social.
Lexisla e supervisa a aplicación da normativa en ámbitos como os dereitos no traballo e a coordinación dos réximes de seguridade social.

1.1 Rede EURES

Rede EURES: (Rede Europea de Servizos de emprego) é o portal da mobilidade profesional.
Os conselleiros EURES proporcionan un asesoramento e unha orientación particulares sobre os dereitos e as obrigacións dos traballadores que viven nun país e traballan noutro.

2. Os Fondos Estruturais (FSE)

O FSE consiste en aumentar as oportunidades de emprego, promover a educación e a aprendizaxe permanente, mellorar a inclusión social, axudar a combater a pobreza e mellorar a capacidade das administracións públicas para dar mellor servizo aos cidadáns e solicitantes de emprego.

3. Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG)

Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG) axuda aos traballadores a atopar emprego e desenvolver novas competencias cando perderon o seu posto de traballo a consecuencia de cambios nas pautas comerciais mundiais.

4. Programa PROGRESS

Programa PROGRESS. Obxectivo principal os estudos.

Programa da Unión Europea para o Emprego e a Innovación Social (EASI): é un instrumento de financiamento a nivel da UE. Reúne 3 programas europeos: PROGRESS, EURES e microfinanciamento Progress.

5. Políticas activas e pasivas de emprego na UE e en España

Políticas Activas: Dirixidas a incentivar o emprego
Políticas Pasivas: Dirixidas a soster a renda das persoas desempregadas.


TEMA 5: A INICIATIVA EMPRENDEDORA COMO FORMA DE ACCESO AO MERCADO LABORAL

1. O Emprendemento e os beneficios sociais da creación de empresas

1.1 Creación de Empresas: Elementos e Fases
Os 3 elementos esenciais para a creación de empresas son:

A Idea de empresa provén da creatividade das persoas que son capaces de descubrir a oportunidade de negocio que supón. Non é necesario ser un inventor pero sí ser innovador. 

O emprendedor: é aquela persoa que foi capaz de concibir a idea, sobre a que vai recaer a responsabilidade da iniciativa e posta en marcha da nova empresa.

Plan de empresa: é un documento no que se plasman todas as reflexións realizadas para darlle forma á idea e convertela nun proyecto empresarial. 

Fases da creación da empresa: xestación, análise, posta en marcha e consolidación.

2. Modelo CANVAS

O modelo confecciónase nun diagrama u lenzo "CANVAS", serve para confeccionar deseños empresariais (modelos de negocio).

Responde a catro preguntas básicas que se corresponden coas catro áreas que constitúen o proxecto: infraestrutura (como?), oferta (que?), clientes (quen?), finanzas (canto?).
Estas catro áreas descompóñense en nove módulos sobre os que o emprendedor deberá formular preguntas e atopar respostas: Segmentos de mercado, Propostas de valor, Canles, Relación co cliente, Fontes de ingresos, Recursos clave, Actividades clave, Aliados clave e Estrutura de custos.





Como profesionais dun servizo de Orientación Laboral o asesoramento a persoa desempregada debe basarse en:
- Detectar as habilidades e actitudes que posee o demandante.
- Guialo na búsqueda de información e organismos donde dirixirse para realizar a formación acorde o oficio na cal teña máis destrezas.
- Guiar o talento das persoas cara o emprendemento.
- Satisfacer as expectativas da persoa emprendedora.

A orientadora laboral debe escoitar e empatizar co demandante, tamén ser respetuosa e discreta coa persoa desempregada.

PARA SABER MÁIS:

Mercado laboral

Certificados de profesionalidad
https://www.sepe.es/contenidos/personas/formacion/certificados_de_profesionalidad/certificados_profesionalidad.html

Método Canvas
https://es.video.search.yahoo.com/search/video?fr=mcafee&p=you+tube+m%C3%A9todo+canvas#id=1&vid=bac4094286876e2dc6b8bb278c0a681a&action=click


                                     



     

Comentarios

Entradas populares de este blog

Presentación profesional de Rubén Varela Piñeiro

Presentación profesional de Merce Otero