RESUMEN DO MÓDULO III _RVP
Módulo III
Neste último resumo dos contidos tratados no #POLAB17 farei referencia a algunhas das temáticas que considero mais importantes do curso, e que traballamos nun moi
curto espazo de tempo, e baixo o meu punto de vista, non coa profundidade suficiente para poder realizar un
bo traballo de orientación.
No primeiro dos temas falamos da INTERMEDIACIÓN LABORAL e puidemos reflexionar sobre os tres modelos de intervención en orientación laboral, que quedan moi ben resumidas nestas imaxes dos apuntes.
O didáctico, no que orientador/a ten a función de aconsellar e actúa como guía. Normalmente utilizado con persoas usuarias activas. É unha intervención puntual en momentos cruciais da vida laboral dunha persoa.
De asesoramento no que o técnico/a debe orientar e acompañar. Utilizado en persoas usuarias que teñen dificultades para tomar decisións. Adóitanse propoñen itinerarios persoais de inserción.
Centrado en recursos. Utilizado con persoas que expresan barreiras persoais, pasividade e dificultade para asumir un proxecto de inserción. Trátase de traballar pequenas metas a curto prazo e de deseñar varios itinerarios paralelos que poden retomarse se a persoa requíreo. Adoitan utilizarse tamén técnicas de grupo.
Tamén traballamos algún que outro concepto clave, como son a flexibilidade, a individualziación e a potenciación da autonomía persoal.
Con especial interese para min o tema da atención á diversidade en Orientación Laboral xa que non podemos esquecer que existen colectivos vulnerables e por tanto en desvantaxe con outras persoas para levar a cabo a procura de emprego.
Neste caso son dous os factores máis importantes que afectan negativamente á súa integración sociolaboral:

- Os relacionados coa sociedade, como os estereotipos, os prexuízos, etc.
- Os relacionados coas dificultades persoais, como a falta de experiencia, formación, habilidades sociais, etc.
Tamén puidemos coñecer que é un itinerario personalizado de inserción ( IPI) que son procesos personalizados cuxo obxectivo é a inserción laboral e/ou o desenvolvemento profesional.
Deben conformar un proceso de tres fases:
- Diagnóstico personalizado,
- Intervención orientadora
- Supervisión ou avaliación continua.
O esquema para elaborar un itinerario sería algo así:
No que se refire aos procesos individuais de orientación, falamos fundamentalmente da entrevista de orientación, que no ámbito da orientación laboral utilízase sobre todo para asesoramento dos usuarios, pero tamén como medio de selección de persoal.
O entrevistador avalía se a persoa é válida para un posto, comproba a información máis relevante do seu currículo, valora as actitudes e motivación da persoa e as expectativas que ten tendo en conta a súa situación persoal e particular.
O entrevistado pola súa banda pode ampliar a información do seu currículo, transmitir confianza demostrar que pode, sabe e quere desenvolver as tarefas do posto, así como argumentar os motivos polos que lle interesa ese posto de traballo.
Entre os tipos de entrevista atopamos:

- Entrevista dirixida: Fánselle preguntas concretas e dirixidas ao entrevistado, con pouca marxe para as respostas.
- Entrevista Semidirigida: As preguntas son concretas pero deixando algunhas abertas para saber como se organiza mentalmente a persoa.
- Entrevista Grupal: Convócanse entre 6 e 10 candidatos para debater un tema e chegar a unhas conclusións. O obxectivo é coñecer a capacidade de relación e comportamento dos candidatos.
- Entrevista de selección por Competencias: É un tipo de entrevista que nos vai a permitir pescudar se un candidato é idóneo ou non para un determinado posto de traballo. Facendo un repaso por toda a súa experiencia, formación e motivación compróbase se a persoa axústase aos requisitos básicos do posto.
En clase fixéronse un par de simulacións, coa participación de compañeiros/as que nos axudaron a facernos unha composición de lugar sobre a temática e tamén falamos de aspectos a ter en conta antes da entrevista e que debemos evitar, con algunhas pautas de comunicación non verbal que debemos coñecer nós e a quen orientamos.
No apartado de análise de perfís profesionais e prospección de emprego, concluímos que unha tarefa fundamental do orientador/a laboral é ter coñecemento dos postos de traballo existentes, os potenciais xeradores de emprego e as características que definen cada unha das ocupacións. Esta información é fundamental para poder facilitala ao usuario de orientación, o que á súa vez lle permitirá a este ter unha definición máis clara e exhaustiva das ocupacións que poida ter como obxectivo profesional.

Algo que se complementa co traballo de prospección empresarial que como vimos na clase, é a parte máis difícil xa que para que unha empresa
che reciba terás que facer un traballo comercial de poder ofrecerlle
algo que lle interese e conseguir así a súa atención.
No que se refire as técnicas e ferramentas ara o acceso ao emprego comentamos as diferentes probas de selección que se están utilizando, como as profesionais, de cultura xeral, motivacionales e test aptitudinales.
Inda que antes deso, falamos da necesidade de que o/a demandante de emprego coñezese as ferramentas necesarias, e adquirise as habilidades para realizar unha procura de emprego activa, organizada e planificada, ademais de ter claro cal é o obxectivo concreto da procura de emprego.
En todo caso a ferramenta por excelencia na procura de traballo é o currículo vitae, e neste módulo vimos as distintas posibilidades que hai de facelos, que estrutura deben ter e recomendacións xerais.
No último dos temas do curso traballamos o Plan de Empresa que é un documento onde se plasman as cuestións máis importantes e significativas para poñer en marcha a nova empresa, e onde se analiza a súa viabilidade técnica económica e financeira.
Trátase dun traballo persoal, que esixe unha análise exhaustiva e unha reflexión que vai permitir ao emprendedor coñecer a viabilidade ou non da posta en marcha do seu proxecto empresarial. É unha ferramenta de comunicación interna, pero tamén de comunicación externa, pois se require a súa presentación á hora de solicitar financiamento, axudas públicas ou subvencións.
VALORACIÓN PERSOAL DO MÓDULO
Quizais sexa esta a parte do curso que máis interese levantou, pero coido que non se deu resposta a tal expectación,... Inda que se trataron cada un dos conceptos, non se afondou neles, e sen dúbida eu fun un dos moitos/as que nos quedamos con ganas de dedicarlle mais tempo a ver experiencias reais, coñecer casos de éxito ou boas prácticas levadas a cabo en distintos sitios,...
Por momentos mesmo se nos presentou ao Orientador/a coma un superheroe, capaz de resolver os males da humanidade sen mencionar que neste, coma en calquera outra profesión, é fundamental saber derivar a outros servizos.
Refírome a cuestións como o asesoramento a elaboración do plan de empresa ou a prospección laboral, que inda que teñen moita relación co traballo do orientador/a deberían ser realizados por profesionais especializados.

Para saber algo máis sobre estes temas podedes visitar:

Comentarios
Publicar un comentario